martes, 2 de agosto de 2016

IMONOS DE VACACIONS!

Despois dun mes de traballo e moito disfrute marchamos de vacacións, pero prometemos volver en setembro con máis forzas e moitas novas. Un saúdo e felices vacacións!!!!!!!

venres, 1 de xullo de 2016

XORNADAS DEPORTIVAS ADIBISMUR (22-06-16)


Fomos competir ó baloncesto co noso equipo laranxa a Misela, gañamos un trofeo aínda que fomos os séptimos pasamolo pipa!
Ó rematar fomos comer á praia de Broña todas as asociacións xuntas, o menú estaba moi rico e aínda nos deron de postre brochetas de fruta Mmmmmmmmmmm!
Pasamos un bo rato na praia bañándonos e disfrutando todos xuntos.




ROMERIA DA DIVERSIDADE CON AMBAR!


Gracias por convidarnos a unha actividade tan bonita e divertida, os nosos parabéns por todo o traballo que fixéchedes. Para o ano voltaremos!!!!




luns, 20 de xuño de 2016

A PLANTAR!!!

Misela decide facer un horto!

Plantamos sandías,  leitugas, perexil, pementos, fabas,  figos chumbos,garbanzos , etc.. 

Os próximos días iremos avanzando como vai a nosa colleita!




Misela  vaise á Praia o 20 de Xuño.

Collemos cunchas, demos un paseo e mollamos os pes. Que boa estaba!

Cos compañeir@s e monitores da Misela pasámolo moi ben contamos con repetir….

luns, 30 de maio de 2016

SAIDA DA MISELA  AO LICEO.

Fomos a visitar a exposición de fotos, gustounos moito porque vimos os militares,  a bases,  
avións,  como traballan, etc..
Esta foi a primeira saída que nos organizamos, xa que fixemos  un grupo para xestionar o noso propio tempo ocio. 
PASAMOLO MOI BEN E SEGUIREMOLO PASANDO!!!!!

VIVA A NATUREZA CA CRUZ VERMELLA E MISELA!

Hoxe día 27 de Maio fomos ca Cruz Vermella a plantar árbores ao campo de fútbol. Plantamos sobre 30 árbores, había maceiras, pereiras, castiñeiros e carballos . 

Grazas CRUZ VERMELLA  por coidar da natureza e de NOIA.E  grazas por invitarnos!!!





mércores, 25 de maio de 2016

CEA SOLIDARIA DE MISELA.

O pasado Venres, día 20 de Maio celebrouse a cea solidaria a favor da nosa asociación no restaurante Trapeiro, acudiu moita xente. Comezou ás 21:30 e proxectouse un vídeo sobre a asociación e os usuarios, a xente gustoulle moito. Despois trouxéronnos a cea: luras, gambas, peixe con patacas, carne con pementos, patacas e champiñóns, torta de nata e chocolate e café.
O rematar de cear houbo un sorteo de agasallos de empresas que colaboraron connosco. E despois houbo un gran baile. PASÁMOLO MOI, MOI, BEN!

Moitas grazas a todos, un saúdo de Misela.