luns, 24 de xullo de 2017

¡VÁMONOS DE VACACIÓNS!

Hoxe facemos a nosa última entrada no blog antes das vacacións.
Ao longo deste ano fixemos moitas cousas no centro: fomos en barco, a Ourense, a Lugo, aprendemos a traballar con coiro, fixemos cursos de fotografía, cursos de informática, terapia con animais, etc.
En xeral foi un ano estupendo, cheo de emocións e boas vivencias, no cal tivemos a oportunidade de aprender e disfrutar á vez.
Polo tanto, como cada mes de agosto, os amigos de Misela tomámonos unhas vacacións para recargar pilas e volver en setembro cheos de enerxía. Así que...para o mes de setembro...
¡¡MÁIS E MELLOR!!





¡Xeado de froitas!

O pasado xoves día 20, no taller de cociña fixemos xeado de froitas. Os ingredientes que utilizamos foron os seguintes:


 Laranxas

Plátanos

Frambuesas

Iogur


Antes de comezar lavamos a froita e pelámola. Logo cortámola en cachos pequenos para bater. Por último vertemos o xeado en vasos, puxémoslle os paus e metémolos no conxelador.
Ao día seguinte comémolos de postre. ¡¡¡¡Estaban boísimos!!!!!







FEIRA MEDIEVAL DE NOIA

O venres 15 deste mes celebramos a feira medieval en Noia. Estivemos toda a semana preparando as nosas coroas, os disfraces e decorando o centro.



Pola mañá decoramos a entrada do centro e logo, pola tarde, vestimos os nosos traxes e fomos para a feira. 



Todo o mundo estaba vestido de época. As rúas tamén estaban decoradas con castelos, palla e moitos escudos e bandeiras. Ademais había moitos postos con comida, bonecos, coiro, instrumentos, e música pola rúa.
¡Pasámolo xenial e esperamos volver para o ano que ven!








martes, 4 de xullo de 2017

O  Sábado día 1 de xullo fomos a unha  xornada de pesca a Val do Dubra. Pescamos algunha troita.
Despois de pescar fomos  a  comer empanada,tortilla, chourizo, xamón serrano e de postre rosca.
E por último para baixar a comida hubo baile.
Pasamolo moi ben, repetiremos.