CEA SOLIDARIA DE MISELA.
O pasado Venres, día 20 de Maio celebrouse a
cea solidaria a favor da nosa asociación no restaurante Trapeiro, acudiu
moita xente. Comezou ás 21:30 e proxectouse un vídeo sobre a asociación e os
usuarios, a xente gustoulle moito. Despois trouxéronnos a cea: luras, gambas,
peixe con patacas, carne con pementos, patacas e champiñóns, torta de nata e
chocolate e café.
O rematar de cear houbo un sorteo de agasallos
de empresas que colaboraron connosco. E despois houbo un gran baile. PASÁMOLO
MOI, MOI, BEN!
Moitas grazas a todos, un saúdo de Misela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario