O luns día 03-04-2017 fomos todos ao campo de golf en Moimenta. Tivemos un prefesor que nos enseñou como coller os paus e como lanzar a pelota no hoyo.
Pasámolo moi ben.
Este blog forma parte do traballo da Asociación Misela, onde os usuarios descubren as novas tecnoloxías e as redes sociais, coma un espazo onde lles axuda a reflexionar e a divulgar a súa realidade, contando as súas experiencias, pensamentos e ideas.
martes, 4 de abril de 2017
luns, 13 de marzo de 2017
EXCURSIÓN A OURENSE
A pasada fin de semana, un grupo dos amigos de misela fomos de excursión a Ourense.
Saímos de Noia o venres pola mañá. Ao chegar a Ourense paramos nun parque a comer.

Despois de comer... ¡visitamos o centro de Ourense e fixemos un recorrido en tren!
O tren deixounos nas termas de Outariz, onde pasamos a tarde...
Logo fomos para o hotel, puxemonos guapos e saímos a cear e á bolera e ao karaoke !!!!!
Ao día seguinte fomos en catamarán polos Cañóns do Río Sil!!!
venres, 3 de marzo de 2017
CARNAVAAAAL CARNAVAAAAAL
¿¿¿¿E TI QUEN VES SENDO????
O pasado venres realizamos en Misela a primeira edición do festival do noso festival de entroido, ó que chamamos "¿E ti quen ves sendo?. ¡Disfrazámonos dos nosos cantantes favoritos e interpretamos as súas cancións!
Tivemos o pracer de contar con nada máis e nada menos que Freddy Mercury!!!!
Tamén nos acompañaron outros cantantes, tales como King África, Alaska, Elvis Presley, Camela...
Isabel Pantoja e Alaska encargáronse de presentar o festival e interpretar unha das súas cancións
Ademáis...tivemos o pracer de contar con Mario Vaquerizo entre os integrantes do xurado!!!!
Por último, queremos darlle as grazas ao maravilloso público que tivemos, o cal esperamos que o pasasen tan ben coma nós.
VIAXE A CORUÑA
O outro día fomos a Coruña, a visitar o Aquarium e o Domus. Pola mañá visitamos os peixes, coñecemos a Gastón e ás diferentes especies que viven alí.
Ao saír do Aquarium fomos directos para a Domus, comemos e logo vimos todas as cousas curiosas que teñen alí:
Pasamolo xenial pero... ¡acabamos cansadísimos! Por iso tivemos que ir a tomar algo antes de voltar á casa para repoñer forzas.
venres, 10 de febreiro de 2017
DÍA DOS ENAMORADOS
¡QUÉRETEME!
O Martes día 14 iremos a plaza de abastos a celebrar o día dos enamorados co lema; "Hai diferentes tipos de amores pero todos reais".
Levaremos un photocall e os do curso de fotografía encargaránse de sacar as fotos, que publicaremos na páxina de facebook de Misela, donde poderedes etiquetarvos.
Ademáis venderemos piruletas.
Anímate a vir e participa con nosco
¡Esperamosche!
venres, 3 de febreiro de 2017
¡FOMOS MONTAR A CABALO!
O pasado luns fomos á Fundación Bocalán. Alí puidemos ver todas as súas instalacións e coñecer aos animais que teñen. ¡Coñecemos a Lucero e pudemos montar!
Tamén nos presentaron ao hamster Valentín, ao burro Paco e ao poni Pepito, o cal nos fixo unha demostración de cómo salta.
Tamén nos presentaron ao hamster Valentín, ao burro Paco e ao poni Pepito, o cal nos fixo unha demostración de cómo salta.
¡Pasámolo xenial e esperamos volver repetir!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

















