venres, 3 de marzo de 2017

CARNAVAAAAL CARNAVAAAAAL

¿¿¿¿E TI QUEN VES SENDO????

O pasado venres realizamos en Misela a primeira edición do festival do noso festival de entroido, ó que chamamos "¿E ti quen ves sendo?. ¡Disfrazámonos dos nosos cantantes favoritos e interpretamos as súas cancións!

Tivemos o pracer de contar con nada máis e nada menos que Freddy Mercury!!!!


Tamén nos acompañaron outros cantantes, tales como King África, Alaska, Elvis Presley, Camela...









Isabel Pantoja e Alaska encargáronse de presentar o festival e interpretar unha das súas cancións


Ademáis...tivemos o pracer de contar con Mario Vaquerizo entre os integrantes do xurado!!!!



Por último, queremos darlle as grazas ao maravilloso público que tivemos, o cal esperamos que o pasasen tan ben coma nós.



VIAXE A CORUÑA



O outro día fomos a Coruña, a visitar o Aquarium e o Domus. Pola mañá visitamos os peixes, coñecemos a Gastón e ás diferentes especies que viven alí.









Ao saír do Aquarium fomos directos para a Domus, comemos e logo vimos todas as cousas curiosas que teñen alí:






Pasamolo xenial pero...  ¡acabamos cansadísimos! Por iso tivemos que ir a tomar algo antes de voltar á casa para repoñer forzas.



venres, 10 de febreiro de 2017

DÍA DOS ENAMORADOS

¡QUÉRETEME!

O Martes día 14 iremos a plaza de abastos a celebrar o día dos enamorados co lema; "Hai diferentes tipos de amores pero todos reais".

Levaremos un photocall e os do curso de fotografía encargaránse de sacar as fotos, que publicaremos na páxina de facebook de Misela, donde poderedes etiquetarvos.





Ademáis venderemos piruletas.


Anímate a vir e participa con nosco

¡Esperamosche!


venres, 3 de febreiro de 2017

¡FOMOS MONTAR A CABALO!

O pasado luns fomos á Fundación Bocalán. Alí puidemos ver todas as súas instalacións e coñecer aos animais que teñen. ¡Coñecemos a Lucero e pudemos montar!




Tamén nos presentaron ao hamster Valentín, ao burro Paco e ao poni Pepito, o cal nos fixo unha demostración de cómo salta.
¡Pasámolo xenial e esperamos volver repetir! 















martes, 10 de xaneiro de 2017

COLABORA CA FUNDACIÓN BOCALAN


Os nosos amigos da Fundación Bocalán para apoiar as persoas con discapacidade teñen á venda estes chaveiros dos seus cans.
Faite con un!
Nós xa o temos!


Podédelo comprar no centro da Asociación Misela ou no Ediat!

martes, 27 de decembro de 2016

Celebramos a comida do Nadal no Restaurante Chicolino.

Primero leváronnos a ver todas as instalacións do Chicolino que ben bonitas que son, ademáis invitáronnos a realizar  un taller de cociña onde preparamos as patacas para as carrilleras e  fixemos unha tarta de mazan e palmeritas.
 


 





A comida estaba deliciosa e comezamos a festa co baile no que nos divertimos moito!




mércores, 14 de decembro de 2016

¡VEN A POÑER O TEU DESEXO!

Hoxe estivemos poñendo a decoración de nadal. Este ano a nosa árbore é un pouco máis especial que de costume xa que nela están os nosos desexos para o 2017. Por iso, invitámosvos a  todos e todas a que vos acheguedes a Misela a poñer os vosos de desexos para o vindeiro ano.








venres, 9 de decembro de 2016


O VENRES DIXEMOS: ¡¡¡PONTE NO MEU LUGAR!!!


O pasado venres día 2 de decembro estivemos na alameda celebrando o día a da discapacidade.


.

As persoas que se achegaban ao posto tiveron que poñerse no lugar dunha persoa con discapacidade e servirse o almorzo sen ver ou con unha man soa.

Tamén puxemos un circuito con sillas de rodas nas que as persoas que pasaban polo lugar puideron acercarse a probalas. 



Cada un de nos foi monitor de unha actividade. Algúns encargamonos de quitar fotos, outros de vender os productos que facemos en Misela,e outros foron monitores de limitacións ou monitores de almorzo. 






A cada unha das persoas que se achegaron as actividades douselles unha pegatina co lema deste día "Ponte no meu lugar". ¡O debuxo foi feito por un dos nosos compañeiros!










ALÁ FOMOS A ANIMAR Ó DEPOR! 




O pasado luns 5 de Decembro fomos pasar un día pola Coruña, comemos no Monte de Sampedro e fómonos de compras á Calle Real e  a visitar o poblado Navideño de María Pita.





E despois chegou o mellor!!!! Marchamos para o Estadio de Riazor!! A ver ó noso Deportivo contra a Real Sociedade! Celebramos eses 5 golazos por todo o alto!



Grazas ó Centro Comercial Marineda pola invitación! Esperamos volver máis veces que fomos un gran amuleto para o Deportivo ( e polo ben que nolo pasamos).









xoves, 1 de decembro de 2016

VEN A ALMORZAR CONNOSCO!!!



Para conmemorar o 3 de Decembro "Día internacional das persoas con discapacidade" o venres 2 de decembro levaremos a cabo unha actividade na Alameda de Noia ( diante do Concello), estaremos de 11:00 a 13:00.
Nesta actividade convidámosvos a almorzar connosco un rico chocolate e pasteliños elaborados por nos no obradoiro de cociña. Pero para tomar este  almorzo tendes que superar unha serie de barreiras e dificultades para poñervos no lugar das persoas con discapacidade, pero non vos preocupedes todo é posible!
 Nos estaremos alí para axudarvos!!

Non faltedes esperámosvos!


venres, 11 de novembro de 2016

PIRÁMIDE DE ALIMENTACIÓN

O xoves pola tarde fixemos un taller de alimentación. Primeiro clasificamos os produtos en diferentes categorías: froitas, grasas, doce, verduras, pescado, carne... Logo puxemos os productos nunha pirámide. Os alimentos máis importantes son os que están abaixo de todo da pirámide e os menos necesarios están máis arriba. Os cereais, a froita e a auga debemos tomalos en todas as comidas. Polo contrario, as grasas e os doces so se poden comer moi ocasionalmente, por exemplo os fins de semana. ¡Aquí tendes a nosa pirámide!