Fomos a sesión vermú das festas de San Roquiño. Tomamos algo e xogamos ao futbolin. No bar vimos ao cantante da orquestra " Los Españoles", e prometeunos unha canción. Escoitamos a misa e vimos a procesión. Cando empezou a orquestra bailamos moito.
Este blog forma parte do traballo da Asociación Misela, onde os usuarios descubren as novas tecnoloxías e as redes sociais, coma un espazo onde lles axuda a reflexionar e a divulgar a súa realidade, contando as súas experiencias, pensamentos e ideas.
venres, 23 de setembro de 2016
PASEO AO TAMBRE.
Fomos de paseo ao Tambre. Pasámolo moi ben e fixemos moitas actividades.
Primero cruzamos pola ponte colgante. QUE NERVIOS!!!!!!



Despois demos un longo paseo e vimos a casa da rás.


Cando rematamos o paseo tocou descansar e repoñer forzas.Para rematar o día xogamos: ao domino, ao parchís,ao escondite, brilé...

PASÁMOLO XENIAL!!!!
martes, 13 de setembro de 2016
E alá fomos no Joaquin Vieta!
Onte invitáronos a ir a unha xornada de Pesca ò balandro Joaquin Vieta e dende o grupo de autoxestores de ocio organizamos todo para ir.
Pasámolo moi ben saímos do Freixo as 11:00 no balandro . Navegamos pola Ría e pescamos fanecas, un pulpo, lorchos, unha xarda.. Comemos todos xuntos e seguimos navegando.
Unha xornada moi divertida!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)