mércores, 27 de setembro de 2017

Compañia de teatro  Artellar  da Asociación Ambar


O pasado martes, día decenove , fomos ver a obra de Teatro "O fillo que eu quero",na  Pobra do Caramiñal.
Témoslle que dar as gracias a Asociación A Creba que nos invitaron.

Todos nos partimos da risa e pasámolo moi ben.
Ao salir do teatro fomos a tomar algo todos xuntos.

Gracias a Creba e a Ambar!!!!

luns, 11 de setembro de 2017

O xoves 7 de setembro fumos de campamento ao camping Cabeiro. Cando chegamos un grupo montou as tendas, outro grupo durmeu en bungalows. Pola tarde fumos a praia a tomar o sol e a bañarnos.
Pola noite ceamos no camping e despois fumos as festas de Porto do Son. Había moita xente, chiringuitos e cochitos. Tocaba a orquesta New York , bailamos moito e pasámolo moi ben.

Ao dia seguinte quedamos no camping xogando ao fútbol e a xogos de mesa e outro grupo foi dar un paseo pola praia. Despois de comer recollemos maletas e fumos para a casa. 

Esperamos volver xa que o pasamos moi ben! 






luns, 24 de xullo de 2017

¡VÁMONOS DE VACACIÓNS!

Hoxe facemos a nosa última entrada no blog antes das vacacións.
Ao longo deste ano fixemos moitas cousas no centro: fomos en barco, a Ourense, a Lugo, aprendemos a traballar con coiro, fixemos cursos de fotografía, cursos de informática, terapia con animais, etc.
En xeral foi un ano estupendo, cheo de emocións e boas vivencias, no cal tivemos a oportunidade de aprender e disfrutar á vez.
Polo tanto, como cada mes de agosto, os amigos de Misela tomámonos unhas vacacións para recargar pilas e volver en setembro cheos de enerxía. Así que...para o mes de setembro...
¡¡MÁIS E MELLOR!!





¡Xeado de froitas!

O pasado xoves día 20, no taller de cociña fixemos xeado de froitas. Os ingredientes que utilizamos foron os seguintes:


 Laranxas

Plátanos

Frambuesas

Iogur


Antes de comezar lavamos a froita e pelámola. Logo cortámola en cachos pequenos para bater. Por último vertemos o xeado en vasos, puxémoslle os paus e metémolos no conxelador.
Ao día seguinte comémolos de postre. ¡¡¡¡Estaban boísimos!!!!!







FEIRA MEDIEVAL DE NOIA

O venres 15 deste mes celebramos a feira medieval en Noia. Estivemos toda a semana preparando as nosas coroas, os disfraces e decorando o centro.



Pola mañá decoramos a entrada do centro e logo, pola tarde, vestimos os nosos traxes e fomos para a feira. 



Todo o mundo estaba vestido de época. As rúas tamén estaban decoradas con castelos, palla e moitos escudos e bandeiras. Ademais había moitos postos con comida, bonecos, coiro, instrumentos, e música pola rúa.
¡Pasámolo xenial e esperamos volver para o ano que ven!








martes, 4 de xullo de 2017

O  Sábado día 1 de xullo fomos a unha  xornada de pesca a Val do Dubra. Pescamos algunha troita.
Despois de pescar fomos  a  comer empanada,tortilla, chourizo, xamón serrano e de postre rosca.
E por último para baixar a comida hubo baile.
Pasamolo moi ben, repetiremos.






xoves, 22 de xuño de 2017

Obradoiro de xabón natural e sales de baño

O día  5  de  Xuño  aprendemos a  facer xabón natural para lavar a louza. Misturamos  auga con sosa cáustica e engadímoslle  grasa do porco.  Puxemos  a mezcla en moldes con formas moi bonitas  e a deixamos curar 30 días. Estarán a venta o 7 de Xullo.





O 12 de Xuño tamen aprendemos a facer sales de  baño. Misturamos sal gorda ecolóxica con flores de lavanda e aceite esencial de lavanda. 



Aquí  tendes unha mostra do resultado. Xa están a venta!   Esperamos  que vos guste... 


martes, 20 de xuño de 2017

Xornadas deportivas ca Fundación Decathlon

O venres 9 de Xuño participamos nas xornadas deportivas da fundación Decathlon. A actividade foi en Valadares  cos usuarios do centro. Xogamos a petanca ,bolos, fútbol, baloncesto, boleibol, dianas , ping-pong e badminton. Divertímonos moito e pasámolo en grande.

¡DEXESAMOS REPETIR!

Mostrando 2017-06-09 10.30.29.jpg

Mostrando 2017-06-09 10.32.21.jpg

Mostrando 2017-06-09 10.33.42.jpg

Mostrando 2017-06-09 10.39.43.jpg

Cea Benéfica 2017

O 2 de Xuño celebrouse a nosa cea benéfica no restaurante O Trapeiro. Alí proxectouse un vídeo no que todos fomos os protagonistas.
A continuación ceamos, logo , nos postres, empezamos a vender as rifas para o sorteo dos agasallos que nos doaron distintas entidades.O sorteo foi moi entretido.
E por último hubo baile ata as tres da mañá e quitamos fotos no photocall.
Pasamolo en grande, para o ano más e mellor!!!!


Mostrando IMG-20170603-WA0005.jpg

Mostrando IMG-20170603-WA0026.jpg
 



















mércores, 24 de maio de 2017

CEA BENEFICA "MISELA"

O venres  día 2  de xuño celebraremos a nosa cea Benéfica a favor da Asociación Misela  no Restaurante O Trapeiro as 21.30 h.
Esperamos a vosa colaboración!!!!!!!!
Haberá baile ata que o corpo aguante....
Grazasssss !!!!!!!!!